Sunday 28 de April de 2024

XVIII CIRCUÍTO BARBANZA DE VOLEI-PRAIA


Esta fin de semana terá lugar nos Campos de Volei praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal, a única proba nocturna e a primeira do XVIII CIRCUÍTO BARBANZA DE VOLEI-PRAIA.
Nesta proba participarán 91 equipos (22 femininos, 39 masculinos e 32 mixtos), coa participación das mellores parellas de volei praia de Galicia.
A actividade dará comezo ás 9 da mañá do sábado,c 11 de agosto, coa categoría amater mixta, os amater masculino e feminino comezarán ás 15.00h. ., a previa Senior será sobre ás 10 da noite e as cabezas de serie as cabezas entrarán a xogar ás 12 da noite ata ás 3 da mañá.
O domingo 12 de agosto, reanúdase a competición na categoría senior masculina e feminina. As finais será sobre ás 18.30h.

Este Circuíto está organizado por os Concellos de A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Noia en colaboración co Club Voleibol Ribeira.
O sábado arredor das sete da tarde farase unha pequeña homenaxe a Agustín Mourís, por as súas participacións nestos últimos 18 anos.